A Xunta retoma a campaña “Pilabot” de reciclaxe de pilas nos centros educativos

A campaña Pilabot celebra a súa segunda edición ca participación de 150 centros educativos de primaria e secundaria. Este proxecto tivo que suspenderse no mes de marzo ca cancelación no período lectivo presencial na metade da campaña. Coincidindo ca volta ás aulas decidiuse retomar as acción pendentes durante este mes.

Publicidade

Estará activo nos centros CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle, no CRA Amencer de Ribadavia, no IES nº1 do Carballiño e no CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.

Esta iniciativa surxiu para promover a recollida selectiva de pilas, acumuladores e baterías no ámbito escolar para concienciar sobre o impacto deste tipo de residuos se non se xestionan de xeito idóneo.