Os espazos públicos do casco urbano da nosa vila locen nestas datas un florido aspecto tra-la plantación de novas especies de tempada por parte da Área de Servizos Públicos e Benestar Comunitario do Concello do Carballiño, que coordina a concelleira Rosa Fuentes.

Concretamente, os traballos de plantación leváronse a cabo nas prazas Maior, Pardo Bazán e do Emigrante, ademais da rotonda da estrada N-541 pola que se accede as avenidas do Balneario e Martínez Avellanosa e, tamén, na rotonda da Alameda.
Por outra banda, operarios do devandito departamento municipal procederon á instalación dun total de 50 novas xardiñeiras no casco urbano, entre elas dúas na Praza Maior co escudo oficial do Concello.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O investimento aproximado nestes traballos de axardinamento superou os 11.000 euros, destinándose 5.000 euros ás plantas; mentres dentro do programa CooperOU da Deputación Provincial, cun montante global de 20.000 euros, incluíuse a instalación das papeleiras e xardiñeiras, ademais do axardinamento do adro do templo da Veracruz e da praza do Emigrante, e tamén a colocación dun cristal blindado de protección contra a caída dos cativos na Alameda.
Unha iniciativa “coa que tentamos ofrecer unha mellor imaxe do Carballiño tanto á veciñanza como ás persoas que nos visitan nestes festexos de Nadal e Reis”, suliña a concelleira Rosa Fuentes.

















