Presas anima a votar este 23X: “que ningún voto quede na casa”

“É importante que todas as persoas que lle queren a Ourense e que están preocupadas polo futuro acudan a votar” destaca

Ourense, 21 de xullo de 2023. A cabeza de lista do BNG ao Congreso, Noa Presas, acode a votar arroupada por militantes e simpatizantes da organización nacionalista e chama a participar de forma masiva este 23X nun contexto onde hai moita xente preocupada polo futuro. Neste sentido, anima a todas as persoas que lle queren a Ourense e preocupadas polo futuro que acudan a votar.

AVANTAR ACTIVIDADES

“O voto é un dereito e tamén unha gran responsabilidade e, polo tanto, animo a que todo o mundo acuda a votar” salienta a cabeza de lista. Noa Presas, destaca que, a historia dun País “decídese tamén nas urnas e, polo tanto, é un dereito e unha responsabilidade”.

Neste contexto, engade Presas, en que moita xente está preocupada polo que poder vir, “ninguén pode renunciar a posibilidade de escoller ese futuro”. “É importante que todas as persoas que lle queren a Ourense e que están preocupadas polo futuro acudan a votar” afirma Presas.