UNED Ourense organiza a I Xornada Internacional de Destilados

IES CHAMOSO LAMAS

O 22 de abril desenvolveranse sesións sobre bebidas espirituosas galegas e
americanas coa participación de especialistas desde España, México e
Perú

A UNED pretende resaltar produtos tradicionais de Galicia para poñelos no plano internacional comparados con outros similares noutras zonas do mundo. Para iso fixouse nos destilados que se producen na nosa terra. Con este motivo, o próximo día 22 de abril, venres, ás 17.00 horas, celebrarase unha xornada internacional desde UNED Ourense con conexións en España. México e Perú. As sesións, todas nesa mesma tarde,
poderán seguirse en liña en directo e en diferido.
A nosa Universidade dará a coñecer ao mundo o Bagazo de Galicia, o augardente de herbas así como o licor de herbas e o licor café. A UNED pretende resaltar estes produtos
nun foro internacional para a súa comparación con outros destilados que se fan
noutras partes do mundo, neste caso concretamente en México e en Perú.
Na xornada do 22 de abril, poderán coñecerse detalles dos destilados
galegos e os americanos, participando en cada sesión expertos profesionais neste
campo.

HIPER MASIDE

Para iso contarase coa intervención de Ignacio Orriols, graduado en Química
Analítica pola Universidade de Santiago de Compostela. É un veterano
especialista en viticultura e enoloxía pola Universidade Complutense de Madrid,
doutor en Química por Santiago de Compostela. Na UNED centrarase en explicar
o bagazo galego, a súa elaboración e as características esenciais.
Igualmente intervirá Lorena Lara Fernández, Enxeñeira en Ciencia e
Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade Autónoma Agraria Antonio Narro.
A súa tese de licenciatura titúlase: Hidrólisis encimática de piñas de sotol para
incrementar a concentración de azucre, aplicando diferentes tratamentos. Ten
unha mestría en Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos pola Universidade Autónoma de Coahuila, que terminou coa investigación titulada: Elaboración dunha bebida
de sotol con acción hepatoprotectora pola adición de extractos de Peumus boldus,
en xuño do 2009, obtendo grao con mención honorífica

Na Universidade de Vigo doutorouse en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, entre os anos 2011 e 2015, defendendo en Ourense a tese titulada: Influencia de diferentes fermentos na elaboración de viños e destilados. Nesta xornada organizada pola UNED,
Lorena Lara disertará sobre O agave e tequila, a súa elaboración, o arrole, o tequila
que bebemos e o tequila repousado

O terceiro relator será Juan Jesús Mendiola Huayamares, de Perú. É enxeñeiro
Agrónomo pola Universidade Nacional San Luís Gonzaga, en Ica. Desde o
ano 2007 é delegado oficial do Goberno do Perú #ante a Asemblea Xeral e
o Congreso Mundial da Organización Internacional da Viña e o Viño ( OIV) na
Rioxa (España), Budapest (Hungría); Tiblisi (Xeorxia), Verona (Italia); O Porto
(Portugal), Izhmir (Turquía) e Bucarest ( Rumania). Entre os anos 1998 e 2008 foi
presidente da Confraría Nacional de catadores do Pisco de Perú. Mendiola
Huayamares ten un posgrao de Viticultura e Enoloxía na Universidade
Politécnica de Madrid; é Máster en Viticultura, Enoloxía, Economía, Administración
Vitivinícola, Investigación Vitivinícola pola Universidade Politécnica de Valencia.
Participou en cursos superiores de Viticultura e Enoloxía en climas cálidos na
Universidade de Cádiz; no IV Curso Internacional de Viticultura e Enoloxía no
Instituto Nacional de Investigacións Agrarias do Ministerio de Agricultura e Pesca
e a Dirección Xeral de Cooperación Técnica Internacional, do Ministerio
de Asuntos de Interiores de España. Tamén participou no Curso Superior de Aerotecnia
do Cultivo en Invernadoiros en Auga Doce en Almería, organizado pola
Xunta Andalucía, curso que versou sobre técnicas de condución e formación de invernadoiros.
Igualmente participou no primeiro Encontro Iberoamericano de Viticultura
e Enoloxía en clima cálido Xerez de Fronteira, Cádiz. Tamén ten
formación en elaiotecnia, tecnoloxía do proceso de elaboración do aceite de oliva,
adquirida en Andalucía así como en Administración Agropecuaria e os seus Métodos de Extensión Agrícola, pola Universidade Hebrea de Jerusalem. Mendiola é
presidente e fundador da Confraría Nacional do Pisco do Perú

Este especialista falará da uva do pisco, as características da súa elaboración
así como as diferenzas co brandy español.
A Xornada Internacional de Destilados da UNED comezará ás 17.00 horas
de España, e contará coa presenza, ademais dos tres relatores, da
Vicerreitora Primeira e Vicerreitora de Investigación, Transferencia do
Coñecemento e Divulgación Científica da UNED, Rosa María Martín Aranda,
quen abrirá a sesión institucionalmente. Tamén estará presente Elena Martín,
directora de Asuntos Técnicos da Federación Nacional de Bebidas Espirituosas
( FEBE). A sesión será conducida polo director de UNED Ourense, Jesús Manuel
García Díaz. Nesta sesión coñeceremos novidades na elaboración desas
bebidas nos tres territorios.
A ligazón para acceder aos relatorios é o seguinte:

Canal UNED – Jornada internacional de Destilados