Antón Jardón
Curriculum Antón Jardón
Nadie sabe cómo pasa su vida / Nadie se entera cómo su vida pasa / “Pardao” le llaman en la plaza / Porque aunque llueva, él canta / Y no se marcha.
(Yosi –Los Suaves–, Pardao).
Din que a anduriña é a ave emigrante por antonomasia. Hai xente que as veneran como se fosen santas, mentres desposúe aos outros paxaros da condición de criaturas respectábeis. Hei confesar que non lle teño demasiada querenza a este plumífero espantadizo, de cola gallada, que se queixa cando pía. Son veraneantes que veñen a Galicia criar os fillos, para escapar en canto presenten o frío. Non emigran, marchan. Será pola cola gallada, polas ás longas e aguzadas, porque nunca se pousan no solo, para fuxir da realidade; ou talvez porque «Volverán las oscuras golondrinas / en tu balcón sus nidos a colgar». Será por iso polo que non son santas da miña devoción.
Aínda así, atúroas estoicamente. Mais o paxaro que me arrepía a alma é o anduriño – hai quen lle chama Alberto– que tamén goza de gran consideración entre os galegos, malia deixarnos chantados, por ir en busca da Terra Prometida. E, no canto de ir cara a Canaán acabou afociñando no Manzanares, abafado polos revirados corvos madrileños. (Os anduriños diferéncianse das anduriñas en que, mentres estas veñen de veraneo os Albertos regresan, sen plumas, axotados por bandas de corvos madrileños, chámense Pedro ou Isabel. O nome é o de menos).
Como estamos a falar de paxaros, eu prefiro os pardaos. Por desgraza cada vez hai menos. Cada 20 de marzo seica se celebra o Día Mundial do Pardao. Mais os galegos, en contra do que acontece coas anduriñas –e cos anduriños– témoslle escasa consideración. O pardao é o paxaro do autoodio. Gusta de vivir á carón de nós como se fose da familia, é confiado, intelixente, agudo e curioso, é gregario e nunca marcha do país. Non lle ten medo ás inclemencias dos rudos invernos. A pesar diso os ornitólogos galaicos non se molestan en protexelos.
Hai que esixirlle ao Parlamento de Galicia que lle conceda ao pardao a categoría de paxaro nacional galego, que declare ao pardao o noso paxaro sagrado (se alguén decide promover a iniciativa, pode contar coa miña humilde sinatura). Amo os pardaos porque lle gusta andar xuntos, porque se levan ben entre eles, porque non lle importa durmir nas silveiras, entre as follas dos loureiros, ou agochados debaixo das tellas. Porque camiñan brincando, como as merlas e las lavercas, porque nunca marchan, malia tantas intemperies.
[O meu tío Lisardo non entende esa devoción inquebrantábel que lle profesamos aos anduriños, ou aos corvos madrileños, nin esa rara teimosía de gurrar contra os pardaos, para seguirmos espreitando os biosbardos, eternamente].
Outros Artigos de Antón Jardón :
“As gloriosas fragancias da Gloria”
“O prezo dos servizos municipais (ou cando as comenencias suplantan ás necesidades)”
“Concellos galegos: un mundo que non muta nin se inmuta”
” Que longa e a noite e que fugaz é a luz! “
” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “
” Que é un alcalde de tarifa plana? “
” Concellos galegos ou concellos de Galicia “
” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “
” O espello convexo e os carneiros mochos”
Que tropa, que tempos…, que ventos!
Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen
Cando pretendes apalpar os sentires da noite
A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós
A insignificancia das cativezas
Don Alberto e a súa circunstancia
O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan
“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”
“O estado da nación / O estado da ficción”
“A insipidez minguante da esquerda cortesá”
” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “
Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.
” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “
” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “
” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “
” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “
” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “
” O desencanto de don Claudio “
” Vai moito frío en Penalonga “
“Unha ovella na tulla do diñeiro”
” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “
” Contando tardes, sobre todo, tardes “
” A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco) “
“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”
” A codia das ausencias en tempos adversos “
” A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato] “
” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “
” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “
” Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte) “
” Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español “
” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “
” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “
” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”
” Non hai doce sen trece (corolario) “
” Non hai doce sen trece (segunda parte) “
” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”
” Antollo e o xurelo guisado [relato] “
” O can vello, o amo e o patrón [relato] “
” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “
” O corvo e o alcalde [relato] “
” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “
” Unha muller confinada no supermercado “
“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”
” 5 de abril, Domingo de Ramos “