Que longa e a noite e que fugaz é a luz!

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


«A miña liberdade non existe e eu non son / Son somente unha miga de esperanza».

(Antón Tovar, do poema “Eu que es ti”, Calados esconxuros)

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 

Na madrugada do pasado 14 de xuño, outra vez, outra de tantas, aparecían flotando ducias de cadáveres na cara azul das augas salgadas que separaran África de Europa. Máis de 70 persoas morrían afogadas no bandullo do Mar Xónico. Morreron pretendendo fuxir da morte segura que ía canda eles na súa patria. Emigraban sen papeis, sen destino e sen traballo, a bordo dun pesqueiro acugulado de desafiuzados que saíra de Libia con rumbo a Italia, atravesando unha das rutas habituais que utilizan as mafias dos traficantes de persoas –desas ás que moita xente considera de terceira categoría– mentres a clase política, os poderes económicos e as relixións dominantes, todos con competencia e capacidade para atallar o mal, se dedican a facer que fan, embobándonos con discursos baleiros que recitan sen pudor, despois de aprendelos de memoria como papagaios catequizados.

Hai tanta luz aparente! Mais as horas dos días como este alónganse para deixarse atoldar pola escuridade dos nubarróns, para que ninguén fale das desgrazas humanas que se repiten a diario. Uns e outros deciden –ou decidimos– que o acontecido nas pacíficas augas do Mediterráneo fique arquivado nesa discreta esquina da alma onde nunca se limpa o po, ese lugar da memoria situado nos podredoiros que reservamos para agochar as preocupacións e as perversidades, o chanzo escuro onde imos almacenando os asuntos que, malia ser de suma importancia, sempre os acabamos cualificando de irrelevantes. Os que mangonean os nosos sentires e pareceres saben ben como embobarnos para que non perdamos o tempo pensando nas cousas serias, enchendo de parvadas e trangalladas as páxinas dos xornais, as emisoras da radio e as pantallas das televisións que, como papahostias adestrados, engulimos sen inmutarnos.

Os alegres días de xuño teiman e gurran por alongarse, mais sempre aparecen os nubarróns que eclipsan a aparente luz para  darlle pulo á escuridade. Hai tempo para a distracción! Cóntannos que un tal Froilán (sobriño dun rei e neto dun avó indecente) organizará o Cume Climático nun lugar onde o mundo se chama Dubai. E, xa imbuídos na plena escuridade –esa praga que nunca marchara–convencidos de que o banal é o importante, topeneamos e imos durmir sen descifrar os grandes dilemas. Ninguén sabe se Feijóo lle arrapañou os oficiais chusqueiros a Rueda ou se foi este quen llos endosou para buscar outros máis propicios a xurarlle fidelidade; mentres tanto, Ayuso aproveitaba a distracción do señor dos Peares para encherlle a lista de Madrid con elementos da súa confianza. Como sempre, Madrid manda e Galicia obedece, iso é o que pasa. Para que un tal López poida ser presidente da deputación de Pontevedra teñen que renunciar os 16 primeiros da lista do PP de Rodeiro, e mentres eses andan co papelorio, cóntannos que Baltar dixo que marchaba, mais ninguén nos di se deixa a deputación porque quere ou se marcha porque ten que marchar. Iso si, se cadra acabaremos sabendo canto pinta o ‘baltarismo’ despois dos Baltar e, ao mellor, ata coñeceremos algunhas das moedas que esixiu por arredarse a un lado, para que todo siga, para que nada cambie. Jácome seguirá sendo alcalde de Ourense e, visto o visto, todo parece indicar que está a piques de ser un dos novos amos da provincia. Eses son os dilemas, as cousas que nos din que son importantes. Os mortos do Mar Xónico son moscas insignificantes, mentres a lúa, en permanente fase de cuarto minguante, agoniza discretamente, ata apagarse en calquera instante. Que longa é a noite e que fugaz é a luz!

[O meu tío Lisardo pensa que a realidade nunca é como semella que é: a luz só asoma o fuciño un instante cada día, para ofuscarnos, mais a escape é desprazada pola  noite para que todo siga como estaba, para que nada cambie]

 


Outros Artigos de Antón Jardón :

“Quiere una bolsita?”

” A lingua, a cultura e as andrómenas dalgúns alcaldes “

” Que é un alcalde de tarifa plana? “

” Concellos galegos ou concellos de Galicia “

” O regreso de Antón Tovar ás veigas durmidas “

” O espello convexo e os carneiros mochos”

Días de intemperie

Que tropa, que tempos…, que ventos!

Cartas sen selo: As fragrancias que nunca esvaecen

É a caligrafía, babeco!

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “