É a caligrafía, babeco!

Antón Jardón

Curriculum Antón Jardón


«Somos como un caballo sin memoria / somos como un caballo / que no se acuerda ya / de la última valla que ha saltado.» (León Felipe, El salto)

 

Despois dunha extensa parola co amigo Antonio, fun cara a caixa do correo para comprobar se había correspondencia. Malia a curta distancia, o percorrido fíxoseme tan eterno que non fun quen de apartar da cabeza o teimudo empeñado do meu amigo aragonés en seguir subsistindo sen móbil e en sentenciar, sen despeitearse, que a palabra Whatsapp nunca atopará acubillo nos dicionarios galegos.
Era aí contra o mediodía. Abrín a tapa da caixa do correo e, acolá no fondo, avistei un sobre cunha orladura formada por reberetes azuis e vermellos. Collino decontado e apalpeino con delicadeza. Mireino devagar por diante e por detrás. Carecía de remite. Por diante, na parte superior esquerda, figuraba a inscrición «air mail» e, máis abaixo, contra a dereita aparecía estampado o meu nome e enderezo, escritos cunha caligrafía sublime, onde os trazos de cada unha das letras alcanzaban a máxima perfección. O franqueo das pampas bonaerenses confirmaba as miñas sospeitas: a carta era do meu tío Lisardo. Ao abrir o sobre e desdobrar aquel finísimo papel de cebola, e antes de poñerme a ler, fun apalpando cos ollos cada letra, cada liña e cada parágrafo; e facendo unha sosegada pausa ao pé de todas e cada unha das maiúsculas. Á caligrafía inmaculada, bordaba de delicado azul escuro naquel lenzo branco, pola habelencia dunha estilográfica, non lle faltaba un triste acento; e as vírgulas e os puntos sempre estaban onde debían estar. A ortografía tamén gozaba da exactitude e respecto incuestionábeis.
A caligrafía, a ortografía e a pulcritude na escrita do meu tío Lisardo, malia carecer de formación superior á de estudos primarios, nunca lle tivo nada que envexar á dun notario ou á dun escribente municipal.
Nunha ocasión contoume que alcanzara o cumio da caligrafía, mercé ao tesón dun republicano, que lle puña escola de noite aos da súa quinta, coa axuda dun caderno raiado, un lapis e un tenue candil que invadía a cabeleira e as chambras dos alumnos dun cargoso e repugnante cheiror a gas. Nos últimos meses da súa vida, a comezos dos setenta, o mestre seica deambulaba polas rúas da aldea, recitando sen tregua aqueles versos que León Felipe lle dedicara a Franco, cando o ditador asinou a sentenza de morte do comunista Julián Grimau:«Mi general… /¡Que bonita letra tiene usted! / ¡Oh, qué preciosa caligrafía de cuartel! / …». Seguramente para demostrar que incluso os criminais respectan de cando en vez as regras caligráficas. Seguramente.
[O meu tío Lisardo anda adoecido porque, nos últimos tempos, non deixa de atoparse cunha infinidade de individuos que descoñecen o significado da palabra ‘caligrafía’, que escriben misivas absurdas sen gardar ningunha regra ortográfica, como se os Whatsapp, os SMS e as mensaxes gravadas posuíran un salvoconduto gramatical para pasearse polas rúas da tipografía plana e impersoal, coa máis absoluta irreverencia]

Outros Artigos de Antón Jardón :

Cando pretendes apalpar os sentires da noite

AVANTAR ACTIVIDADES

A dama da Lagoa, Xinzo, Carreira e nós

A insignificancia das cativezas

Don Alberto e a súa circunstancia

O que acontece é insignificante, o importante é o que nos contan

“Don Alberto, o home que perdeu o acento (que nunca tivo)”

“Tempos de pandemia e secura”

“O estado da nación / O estado da ficción”

“A insipidez minguante da esquerda cortesá”

” Don Alberto e a astroloxía luscofusquiana “

Aaai!, se as paredes falasen, don Alberto.

” Feijoo e a reconciliación coa familia (política) “

” O seu nome fede a pólvora queimada, excelentísimo señor! “

” Feijóo rebenta os freos ao atravesar ao Padornelo “

” Por que te vas, Alberto? “

” Contra o carnaval de Madrid, viva o entroido de Xinzo! “

” Cando as rogativas non dan acabado coa sequía “

” O desencanto de don Claudio “

” Don Claudio e o progreso “

” Vai moito frío en Penalonga “

” A matanza do tempo “

“Unha ovella na tulla do diñeiro”

” Mirando cara a acolá “

” A galiña que pon os ovos sen data de caducidade “

O pan noso de cada día

” Quen ri último, ri mellor “

” Rebuscando nos sumidoiros “

” Conichos e fantoches “

” Contando tardes, sobre todo, tardes “

Quen anda aí?

A señora da máscara no papo (e a educación no sobaco)

“Paco Picholas e os elementos noctámbulos ”

” Sente aqui, señor! “

” A codia das ausencias en tempos adversos “

A algarabía cuántica da covid-19 e a matanza da señora Clotilde [relato]

” A contumacia dun milhomes contra a cerellada doutros catro [relato] “

” Que diferenza hai entre a denta-dura de Trump e o dentame de Bide? “

Maldita escuridade! (Sempre anoitece con máis Vox e menos Nós no horizonte)

Guerra patriótica: nacionalismo madrileño contra centralismo español

” Ménage à trois nas cloacas do Barbaña “

” Algo cheira a rancio na cidade dos biosbardos “

” Casabranca e o lado íntimo da pseudo-política ourensá.”

” Non hai doce sen trece (corolario) “

” Non hai doce sen trece (segunda parte) “

” Non hai doce sen trece (primeira parte) ”

” Antollo e o xurelo guisado [relato] “

” O can vello, o amo e o patrón [relato] “

” Incontinencias dun petulante na fase 1 [relato] “

” O corvo e o alcalde [relato] “

” A pandemia dos estorniños berrecallos [relato] “

” Unha muller confinada no supermercado “

“O cadeliño zuro e o visitante impertinente”

“Mentres tanto”

” 5 de abril, Domingo de Ramos “

” Galicia, esa esquina do mapa “

” Un País que se disipa sen remedio “