O Concello de Ourense deixa desprotexido ó persoal das concesionarias de servizos

IES CHAMOSO LAMAS

Mentres os responsables municipais sacan peito diariamente pola protección que lle están a dar ao persoal laboral e funcionario propio, outros servizos municipais cuxa realización corre a cargo de empresas privadas que teñen a concesión dos mesmos, realízase por persoal, na súa maioría mulleres, sen medios de ningunha clase que as protexan do contaxio do virus.

HIPER MASIDE

Foron desde o primeiro día as traballadoras de Axuda a Domicilio quen denunciaron a falla de medidas de protección.

Pois o persoal que fai a limpeza das dependencias municipais, da empresa ONET IBERIA SOLUCIONES, estamos en situación de desprotección practicamente idéntica.

A escaseza, e ás veces falta absoluta, de medios como máscaras, luvas adecuadas, gafas ou pantallas, xel desinfectante ou puntualmente prendas de un só uso, dáse en todos os centros de traballo atendidos polo persoal de limpeza, mais en determinadas instalacións como Bombeiros, Policía Local, Protección Civil ou Albergue, a situación é aínda máis sangrante.

Moitas traballadoras levan máscaras da súa casa, que lavan e reutilizan; bombeiros e policías locais son quen llas facilita nalgúns casos; e a empresa asegura que non son quen de conseguir material.

No Albergue hai un usuario en réxime de illamento, derivado do CHUO, e as persoas que limpan as instalación non teñen a protección necesaria para esta situación de confinamento.

E así poderíamos relatar un sen fin de tristes carencias.

E o Concello, en definitiva o principal responsable da actividade, mira para outro lado, como se houbera categorías de traballadores. A consideración e recoñecemento que estamos vendo co persoal de limpeza dos centros hospitalarios, non a percibimos nós con este Concello. E a nosa saúde é tan importante como a do persoal funcionario e membros da Corporación.