Obras en marcha e outras que están a piques de comezar en San Amaro, Leiro e Cenlle

A XUNTA ABRE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE OFERTAS PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE RENOVACIÓN DO FIRME NA AUTOESTRADA AG-53, ENTRE OS ENLACES DE DOZÓN E DE SAN CRISTOVO DE CEA, CUN INVESTIMENTO DE MÁIS DE 4,8 MILLÓNS DE EUROS.

as empresas interesadas na execución das obras poden presentar as súas ofertas ata o 20 de maio. A actuación, ten un prazo de execución de seis meses. Os traballos centraranse na reparación de danos superficiais na estrada, repintado de marcas viarias, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.

AVANTAR ACTIVIDADES

En SAN AMARO estánse a facer obras de reparación e asfalado en A Gaime, O Marco e Outeiro.

O CONCELLO DE LEIRO CONTINÚA CO seu PLAN DE ACONDICIONAMENTO E HUMANIZACIÓN DOS ESPAZOS PÚBLICOS, ADXUDICANDO A PRIMEIRA FASE DAS OBRAS PREVISTAS PARA O BARRIO DE CARRÍS.

O proxecto contempla a rega da rúa con aglomerado asfáltico, canalización de augas pluviais, cambio de iluminación pública con iluminación Led e cableado subterráneo, reparación de beirarrúas e supresión de sumidoiros antiestéticos. A primeira fase, que abarca un pouco menos da metade do barrio, está a piques de comezar e contará cun investimento de 48.000 euros que financia a Deputación provincial de Ourense

O CONCELLO DE CENLLE LEVOU A CABO OBRAS DE REPARACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO NA LOCALIDADE DE TRASARIZ. A antigüidade das tubaxes era motivo de numerosas avarías e mesmo de afundimentos en distintos tramos polo que urxía a execución deste proxecto. O orzamento das obras ascendeu a 32.000 euros.

VIDEO