O núcleo rural de Ventosela, en Ribadavia, contará con melloras nas vías principais e na canalización de augas

Plano da ubicación do camiño que sofrirá as melloras.
IES CHAMOSO LAMAS

O Concello de Ribadavia e a Xunta de Galicia colaborarán para levar a cabo o proxecto de embelecemento do núcleo rural de Ventosela. Esta actuación, que conta con un orzamento total de 131.533,12€ será financiada con cargo ao Plan hURBE 2019-2021 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e o Concello de Ribadavia debe achegar 44.520,09€ distribuídos en dúas anualidades, 14.691,63€ no exercizo 2020 e 29.828,46€ no exercizo 2021.

As actuacións consisten no embelecemneto e posta en valor do núcleo rural de Ventosela a través dunha nova pavimentación do camiño que vai dende a escultura do gaiteiro ata as beiras do río Miño, composto por un camiño central de dous metros de ancho e 15 cm de espesor de formigón gris cepillado, rematado a ámbolos lados cun acabado liso e 10 cm de ancho. Contará coas súas correspondentes xuntas transversais cada 5 metros, con acabado liso. Dito Camiño contará con un bombeo do 2% cara ao eixo central para canalizar as augas pluviais.

HIPER MASIDE

A ámbolos lados do camiño, nos perímetros e sobreanchos, disporase adoquín de granito moreno abuxardado de dimensións 8cm x 8cm e 8 cm de espesor. Como sub-base da superficie da rúa, disporase unha capa de saburra artificial cun espesor de 15cm baixo os perímetros e, ademais, preténdese rebaixar o nivel da rasante do camiño entre 10 e 15 cm para mellorar o acceso de algunhas vivendas que dispoñen dunha cota de entrada por debaixo da devandita rasante.

Con respecto ás instalacións, proxéctase a colocación de novos sumidoiros no eixo central, que se conectarán á rede proxectada de pluviais para conseguir unha mellora da rede de saneamento, proxectando un sistema separativo. Ademais instalaranse reixas nas entradas das casas que presenten unha cota de entrada por debaixo da devandita rasante é contémplanse as correspondentes conexións das pluviais das vivendas á nova rede proxectada. O sistema de pluviais consistirá en un colector de 400 mm de diámetro de PVC, con pendentes adaptadas ós límites de velocidades máximas permitidas así como buscando un mínimo movemento de terras. Disporanse de pozos de rexistro nos cambios en planta e en alzado. A auga superficial recollerase a través dun sistema de sumidoiros ubicados no eixo da calzada. O sistema remata coa instalación de dous pozos de absorción para tratar as augas pluviais.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta actuación atendemos unha demanda reiterada en numerosas ocasións no Pleno municipal e que, ademais, permite satisfacer unha necesidade reiterada en numerosas ocasións pola veciñanza deste entorno.”

César Fernández sinalou que “esta obra levarase a cabo dentro da aposta do goberno municipal por mellorar e poñer en valor os núcleos rurais do concello, de tal xeito que a actuación a levar a cabo será unha actuación na liña coa feita en Sanín, que mellorou notablemente o entorno deste fermoso núcleo. No caso de Ventosela faremos o mesmo para valorizar un entorno fantástico e con un enorme potencial nas ribeiras do río Miño, continuando, polo tanto, na liña de converter os núcleos rurais de Ribadavia en espazos singulares nos que se poña en valor a beleza que xa teñen de seu”.