O Concello de San Amaro vén de elaborar para este mes de xaneiro unha programación especial con motivo da festividade de Reis, con actividades que se extenderán dende esta fin de semana ata o vindeiro luns.
O programa comezará o domingo, día 4, coa celebración do ‘III Concerto de Reis’, que terá lugar na igrexa parroquial de Salamonde ás 12,30 horas. O recital musical corre a cargo da rondalla de corda ‘Alfaia’ de Cenlle unha vez rematada a misa dominical.

E a xornada máis esperada pola cativada do municipio será a do luns, día 5, coa saída da tradicional Cabalgata de Reis. Así, Melchor, Gaspar e Baltasar realizarán dende as 12,30 horas un paseo a cabalo coa Escola de Equitación de San Amaro, cun percorrido polo fogar residencial e as casas do maior ata achegarse, ás 13,00 horas, á praza da igrexa, onde recibirán ás nenas e ós nenos, escoitando as súas peticións e recollendo as súas cartas. Ao remate, as súas maxestades convidarán a toda a veciñanza a un chocolate quente.




OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















