Os Reis Magos distribuirán 1.300 kg de caramelos sen glute na cabalgata de Ribadavia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ribadavia vivirá hoxe, luns 5 de xaneiro, unha das citas máis agardadas do Nadal coa celebración da Cabalgata de Reis, que dará comezo ás 18,00 horas, partindo do IES O Ribeiro e percorrendo distintas rúas da vila ata chegar á Praza Maior.

A comitiva estará formada por un total de seis carrozas, nas que Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto co seu séquito, repartirán durante o percorrido máis de 1.300 quilos de caramelos. Trátase de doces sen glute, nunha aposta pola inclusión e a seguridade alimentaria, en colaboración coa Asociación Galega de Celíacos, tendo en conta ás persoas celíacas para que poidan desfrutar da celebración en igualdade de condicións.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Cabalgata estará acompañada en todo momento de música e animación, creando un ambiente festivo pensado especialmente para os nenos e nenas, protagonistas desta xornada tan especial. Como peche do evento, xa na Praza Maior, ofrecerase unha chocolatada gratuíta para os máis pequenos, poñendo o broche final a unha tarde chea de ilusión, maxia e espírito natalicio no corazón de Ribadavia.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------