Un gran espectáculo de maxia, lume e fantasía recibirá hoxe aos Reis Magos no templo da Veracruz

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os Reis Magos chegarán hoxe a O Carballiño entre maxia, lume, acrobacias e fantasía, nunha posta en escena pensada para sorprender a todos os públicos, pero en particular aos máis cativos.

As súas maxestades chegarán ás 18,00 horas directamente de Oriente ao templo da Veracruz, onde o seu pórtico se transformará no escenario dun espectáculo de acrobacias aéreas. Maxia e lume acompañarán aos reis durante o su percorrido, así como unha ampla proposta de animación na rúa con maniquíes, cabalos inchables e patinadoras.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño anima a grandes e, sobre todo, pequenos e pequenas a disfrutar da proposta artística que acompañará á cabalgata e que foi deseñada en parte pola empresa Especialistas Hípica Celta.

En canto á hora, a cabalgata partirá da Igrexa da Veracruz, desde onde, despois do espectáculo, percorrerá as rúas Conde Vallellano, Principal e volta pola rúa Ribeiro ata a Casa do Concello, que será onde reciban á cativada.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------