O comité clínico amplía o número de persoas das reunións en interiores e exteriores

O comité clínico da Xunta que analiza a evolución da pandemia en Galicia reúnese de novo onte ca previsión de aliviar as medidas restritivas vixentes. Os bos datos das últimas semanas permiten avanzar na desescalada. Entre as medidas tomadas atópase o aumento de persoas permitidas nas reunións: pasando de 4 a 6 en interiores e de 6 a 10 en exteriores.

Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza avala, por segunda vez, as medidas tomadas, mantendo a prohibición de encontros entre a 01:00 e as 06:00 horas da madrugada. Tamén se decidiu ampliar os aforos ó 75% de ocupación, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade de 1,5 metros entre persoas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Estas medidas entrarán en vigor a partir das 00:00 horas do próximo sábado.