‘Un alento de vida’, a campaña de doazón de sangue para este verán chega ao Carballiño os días 23 e 24 de xullo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

As necesidades de sangue nos hospitais son as mesmas ou incluso crecen ao longo da tempada de verán, unha época onde o desfrute das vacacións por parte da cidadanía fai diminuir as doazóns. Por elo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) da Xunta de Galicia iniciou o pasado 14 de xuño a campaña “Un alento de vida”, co obxectivo de fomentar esta práctica solidaria nestes meses estivais.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Así, o autobús da ADOS desprazarase os vindeiros días 23, xoves, e 24, venres, do presente mes de xullo para atender a todas aquelas persoas que desexen doar, en horario de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 21,00 horas, no habitual emprazamento da Praza do Emigrante. Os detalles desta iniciativa foron expostos hoxe polo xefe de xestión da Axencia, Chema Vázquez, que estivo acompañado por Silvia Baranda, a concelleira de Sanidade e Servizos Sociais do Concello do Carballiño.

Chema Vázquez lembrou que a taxa de doazón no noso municipio é de 39 doazóns por cada 1.000 habitantes, “semellante á media galega, e que cada extracción individual de 450 mililitros presta axuda a un total de tres persoas, ao traverso da obtención de glóbulos vermellos, plaquetas e plasma”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------