A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia acadou un Premio Maria Moliner de fomento da lectura

Un ano mais, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia acadou un Premio Maria Moliner de fomento da lectura, e xa van 7 os premios recibidos. Este ano o proxecto premiado foi o realizado no segundo semestre de 2021,  denominado ” Biblioteca + Colexio= Superfomento lector”  Dentro da programación deste proxecto, no que se achegaron nenos do CRA Amencer e o CEIP Plurilingüe de Ribadavia, están a Exposición e Mostra bibliográfica para dar a coñecer aos nenos a figura de Emilia Pardo Bazán ou actividades maís lúdicas como Debulendo lendas para dar a coñecer lendas galegas,  Contos do mundo de Solidaridade Internacional de Galicia para darlles a coñecer as lendas de paises sudamericanos,  e comparar asi coas nosas ou actividades para fomentar a igualdade de xénero como A bruxa Chispum  de Teatro Calavera, dando unha visión distinta das bruxas, como alquimistas ou naturistas e non as malas dos contos.
Este premio está dotado este ano con 2777 euros que terán que ser destinados para fondos bibliográficos da biblioteca, algo que supón ano tras ano, un aforro para o Concello en canto a inversión bibliográfica na biblioteca municipal