Mañá, o servizo móbil de doazón de sangue estará en Ribadavia

O autobús móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase mañá ata o concello de Ribadavia. Estará ubicado, coma de costume, ó carón do Castelo dos Sarmientos. O horario de atención será a xornada partida, durante todo o día, dende as 10:00 horas ata as 14:30 horas e dende as 16:30 horas ata as 21:00 horas. Poderase achegar calquera persoa, con cita previa ou non.