A asociación Auria recibíu o cheque solidario da recadación do ciclo ‘CatArte’ da Denominación de Orixe Ribeiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O C.R.D.O. Ribeiro en colaboración coa Deputación de Ourense a través do Centro Cultural Marcos Valcárcel, uníronse un ano máis, nesa ocasión a favor da organización sen ánimo de lucro Asociación Diabética Auria, a través da undécima edición do ciclo “CatArte”. Unha serie de catas benéficas que tiveron lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel durante tres xoves do mes de novembro e cuxa recadación se dirixiu integramente a Asociación Diabética Auria.

Fíxose entrega nun sinxelo acto á presidenta da asociación, Paz Gómez del Valle, da doazón do recadado (1.413,40€) durante as tres catas celebradas a finais do ano pasado, onde os asistentes tiñan que adquirir unha entrada solidaria. O evento tivo lugar esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel (Ourense) e contouse coa presenza da presidenta do C.R.D.O. Ribeiro, Concha Iglesias Pousa, o deputado provincial da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández e o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán.

A Asociación Diabética Auria foi constituida no ano 2002 e ten por misión reunir ás persoas con diabetes da provincia de Ourense e as súas familias, coa fin de mellorar as súas condicións de vida e defender os seus dereitos sanitarios, educativos e sociais.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------