O ‘Cross de Boborás’ acada mañá as súas vodas de prata con preto de 200 atletas inscritos

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello de Boborás organiza mañá a xa tradicional carreira de campo a través, unha cita á que acuden atletas de toda a provincia e o de resto de Galicia para desfutar dunha xornada de confraternidade entre os amantes desta práctica deportiva. Ademais, nesta data dominical do 18 de xaneiro, esta popular proba cumpre os seus 25 anos de andaina, e serán preto de 200 (189, concretamente) os participantes que se unirán á celebración.

A competición abrirase nas inmediacións do colexio público Nosa Señora de Xuvencos, na capitalidade municipal, coas probas correspondentes ás categorías sub10 e sub12, con 20 atletas que se enfrontarán a unha distancia de 950 metros. Aproximadamente unha media hora máis tarde sairán os 13 corredores e as corredoras dos tramos de idade comprendidos entre sub14 e sub20, cun percorrido de 4.500 metros, para rematar o programa ao fío das 11,15 horas coa saída da carreira absoluta sobre 7.400 metros, na que está prevista a participación de 156 atletas.

A organización deste ‘XXv Cross de Boborás’ ten preparado un servizo de avituallamento e agasallos para tódolos competidores unha vez que rematen as actividades deportivas, que contan coa colaboración da Deputación de Ourense e www.championchipnorte.com.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------