Nela estiveron presentes dúas tendas especializadas no mundo da pesca e da pesca a mosca, estiveron tamén un artesán de canas e tres montadores de moscas.
Puideron ver en directo como se fan as canas, moscas e tamén baixos para a pesca a mosca a seca e xa para rematar coa xornada fixose unha exhibición de lance con cola de rata na que puido probar calquera persoa dos presentes.
A valoración do resulto foi moi positiva xa que para ser o primeiro ano houbo un gran numero de asistentes, dende xente que se pasou un momento para ver o mundo de este tipo de pesca ata xente que veu á primeira hora e quixo estar presente en todo durante toda a mañá.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Rematada a xornada celebrouse un xantar no que se comeu un moi bo cocido no restaurante Os Pozos en Piñeira e durante a sobremesa celebrouse un sorteo no que cada un dos asistentes se fixo cun agasallo.















