Uxía Rodríguez e Albino Fernández, triunfadores na carreira absoluta do ‘XXV Cross de Boborás’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

https://www.facebook.com/share/v/1BvtvD5W6E

Os atletas Albino Fernández e Uxía Rodríguez fixéronse co triunfo na carreira absoluta nesta 25ª edición do ‘Cross de Boborás’, unha das citas máis tradicionais do calendario deportivo da provincia nas datas post navideñas. Nunha xélida mañá de domingo, un total de 189 competidores participaron nas tres probas por categorías seleccionadas para a ocasión polo Concello de Boborás e a entidade de xestión www.championchipnorte.com, organizadores desta carreira campo a través.

Os primeiros en saír foron os 20 corredores dos tramos de idade sub10 e sub12 sobre un percorrido de 950 metros e partindo das inmediacions do colexio público Nosa Señora de Xuvencos. Enzo Fernández sería o primeiro na liña de meta con 3.22 minutos, seguido por Martín Valencia (3.27) e a primeira muller, Nagores Villar, que logrou un tempo de 3.30.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A segunda quenda foi para as categorías entre sub 14 e sub20, unha carreira de 4.500 metros disputada por 13 atletas e na que o sub16 Marcos Barcala acadaría a primeira praza con 16.44 minutos, con Martín Villar en 2º lugar e 17.11, mentres subía ao terceira caixón a sub20 Ruth Rodríguez, primeira fémina, nun tempo de 19.03 minutos.

Finalmente, o programa chegou ao seu fin coa carreira absoluta para adultos (nacidos no 2006 e anos anteriores) sobre 7.400 metros. Un total de 156 atletas participaron nesta proba, que se decidíu nun apretado sprint na meta entre Albino Fernández (1º) e Daniel Rodríguez (2º), que fixeron o mesmo tempo de 26.50 minutos, mentres Marcos Rodríguez (28.10) acadaba o bronce. A primeira muller en cruza-la meta foi Uxía Rodríguez, no posto 17º e parando o cronómetro en 32.57.

Ao remate das probas, a organización deste ‘XXV Cross de Boborás’, que contou coa colaboración da Deputación de Ourense, tiña preparado un servizo de avituallamento con chocolate quente e agasallos para tódolos competidoresa.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------