As saídas de ‘Os Felos de Feás’ e ‘Os Rodos de Pazos’ e unha festa veciñal, propostas de Boborás para o Entroido

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A programación elaborada polo Concello de Boborás para as datas do Entroido abrirase o vindeiro sábado 14 de febreiro coa celebración dunha gran festa popular, que terá lugar a partir das 19,30 horas no pavillón polideportivo municipal. Empanadas, chourizo con pan e chocolate con bica serán os atractivos gastronómicos, aínda que tamén haberá xogos inchables para a cativada e música en directo para quq as personas se divirtan e preferiblemente acudan cos seus disfraces.

E o domingo, 15 de febreiro, Os Felos de Feás realizarán o seu percorrido pola parroquia partindo ás 17,30 horas do campo da festa, rematando o itinerario con empanada e cnocolate quente con bica no bar da localidade.

As actividades terán o seu punto final o luns, 16 de febreiro, en Pazos de Arenteiro, coa saída de Os Rodos ás 21,30 horas dende o bar A Ponte para percorrer as rúas deste conxunto histórico co seu son característico e poñendo fin o seu itinerario con empanada, chocolate quente e bica para repor forzas.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------