PUBLICADAS NO BOP:
Extracto das bases e convocatoria para o concurso infantil de disfraces – Entroido 2026
Extracto das bases reguladoras e convocatoria do concurso-desfile de comparsas para o martes de Entroido 2026
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882138)
1. Participantes
A participación está aberta a todos os colectivos (asociacións xuvenís, culturais, veciñais, etc.; grupos, bandas xuvenís, colexios…) que o desexen.
2. Inscrición e prazo
A inscrición recollerase no Departamento de Cultura e formalizarase por escrito nun prazo improrrogable desde o día seguinte ao da publicación do extracto da presente convocatoria no BOP, trala comunicación efectuada para o efecto na Base de Nacional de Subvencións (BDNS), e ata as 23.59 horas do día 13 de febreiro de 2026 na sede electrónica do Concello do Carballiño (www.carballiño.gal) ou ben de forma presencial no rexistro municipal en horario de oficina (de 9 a 14 horas) ou de calquera outra maneira das establecidas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
3. Crédito orzamentario
Para este concurso a Concellería de Cultura establece os seguintes premios con cargo a aplicación orzamentaria correspondente.
Establécense os seguintes premios:
1º Premio: 1.300 euros
2º Premio: 1.000 euros
3º Premio: 800 euros
4º Premio: 400 euros
5º Premio: 350 euros
6º Premio: 300 euros
7º Premio: 250 euros
8º Premio: 200 euros
– 12 accésits de 120 euros ás comparsas que non acaden ningún dos premios anteriores.
– Un premio especial de 300 euros para a mellor comparsa que acade a maior puntuación. O xurado neste caso estará composto por un representante de cada comparsa que participe no desfile, que deberán seleccionar cun voto á que consideren mellor comparsa. Os criterios a ter en conta serán os mesmos que os estipulados na base 7ª desta convocatoria. Levantarase acta unha vez feito o reconto da puntuación dende o Departamento de Cultura.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
– As cinco primeiras comparsas gañadoras terán nun incremento de 250 euros cada unha delas, sempre que participen no desfile do día 22 de febreiro-Festa da Cachucha excepto que por causas indicadas na base 3, non se concederá o dito incremento. Dada a non obriga da participación neste desfile, en caso de que algunha delas non desexe participar, poderáselle ofrecer á seguinte na clasificación.
Aos premios aplicaránselle as retencións correspondentes segundo a lexislación vixente e poderán ser compatibles con outros para o mesmo fin.
O Carballiño, 19 de xaneiro de 2026. O alcalde en funcións.
Asdo.: José Rafael Castro-Gil Seijas.
Extracto das bases e convocatoria para o concurso infantil de disfraces – Entroido 2026
BDNS (Identif.): 882148
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b e 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de Datos Nacional de Subvencións:
(https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/882148)
1. Establécense catro categorías cos requisitos mínimos de participación que a continuación se indican:
Individual alevín – ata 8 anos
Individual infantil – de 9 a 12 anos
Dous ou máis compoñentes alevín– ata 8 anos
Dous ou máis compoñentes infantil – de 9 a 12 anos
As categorías de dous ou máis estarán condicionadas á uniformidade do disfrace e á inscrición de, polo menos, tres grupos de participantes, de xeito que, no caso de non acadarse este mínimo, ditas categorías serían eliminadas do concurso pero un deles poderase presentar na categoría individual.
2. Para participar é necesario inscribirse unha hora antes do concurso na Praza Maior. Para formalizar a inscrición indicarase nome/s completo/s, idade/s, disfrace (indicando se é individual ou grupo) e número de teléfono. A inscrición deberá facela un responsable do menor presentando o seu DNI e facendo constar na inscrición o/os nome/s de todos os que forman o grupo. Na inscrición só se permitirá un responsable por menor.
3. Os premios por categoría serán vales para cambiar nas seguintes librerías por libros de lectura ou material escolar: Librería Ábaco, Librería Castro, Librería Escolma, Papelería Office Center e Carlín Carballiño. Os premiados autorizan o endoso das facturas das librerías que figurarán ao seu nome e o concello procederá a abonalos directamente a aquelas.
Individual Alevín
1º premio: vale de 60 €
2º premio: vale de 40 €
3º premio: vale de 20 €
Dous ou máis compoñentes Alevín
1º premio: vale de 100 €
2º premio: vale de 50 €
Individual Infantil
1º premio: vale de 60 €
2º premio: vale de 40 €
3º premio: vale de 20 €
Dous ou máis compoñentes Infantil
1º premio: vale de 100 €
2º premio: vale de 50 €
4. Para este concurso a Concellería de Cultura establece estes premios con cargo a aplicación orzamentaria 334.11.480.00 Transferencias correntes 2026.
5. A organización resérvase o dereito a solucionar calquera conflito que puidera derivar da súa interpretación. En todo caso, o que non figure nestas bases será regulado polas bases do Concurso-desfile do martes de entroido 2026.
6. A participación neste concurso supón a aceptación implícita destas bases.
O Carballiño, 19 de xaneiro de 2026. O alcalde en funcións.
Asdo.: José Rafael Castro-Gil Seijas.
















