O Carballiño, 11 de febreiro de 2026.– Sobre as 19:30 horas de hoxe, unha dotación de bombeiros tivo que desprazarse á rúa Martínez Avellanosa, número 15, debido ao risco inminente de derrube de parte da cornixa dun edificio. A situación xeraba un grave perigo para os viandantes que transitaban pola zona.

Os efectivos actuaron para asegurar o elemento arquitectónico e evitar a súa caída. Segundo as primeiras hipóteses, o desprendemento podería ser provocado polos fortes refachos de vento que se rexistraban no municipio neses momentos.
Afortunadamente, non se produciron danos persoais que lamentar. A rápida intervención dos servizos de emerxencia evitou que o incidente fose a maiores.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------
















