O concello do Carballiño traballa na adaptación do programa cultural para este verán

O concello do Carballiño traballa na adaptación do programa cultural para este verán consonte ás medidas preventivas de separación e seguridade requeridas polo covid-19

Actividades que se centrarán na celebración de eventos ao aire libre de pequeno e mediano formato (fotografía, cine, música, danza, teatro, monicreques e outros espectáculos de rúa) con aforo limitado e uso de cadeiras, cuxo obxectivo é ofrecer á poboación  actividades culturais e de entretemento, ao tempo de contribuir á reactivación do sector da cultura, que está sendo moi afectado pola pademia, así como á hostalería e ao comercio.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este programa está suxeito ás normas que se establezan polas autoridades.

Os eventos desenvolveranse en tres escenarios: Praza Maior, auditorio da Veracruz e explanada do Parque Municipal.

VIDEO

Algunhas actividades cambiarán de data e outras adaptaranse ou incluso cancelaranse. Así, non será posible celebrar as Xociviga, que serán substituidas por sesións de cine para todos os públicos ao aire libre.

Asemade, o Festival de Habaneras aprázase en principio para o outono, e o Festival Outros Países, Outras Músicas desenvolverase probablente no mes de setembro.

A programación completa darase a coñecer no mes de xuño.