Este venres, día 13 de febreiro, o Cine Club Carballiño proxecta a película española “Maspalomas”, realizada por Aitor Arregi e José María Goenaga, directores de algúns dos éxitos recentes do cinema español.
O argumento do filme conta que tras romper coa súa parella, Vicente, de 76 anos, leva a vida que lle gusta en Maspalomas: pasa o seu día a día tombado ao sol, de festa e buscando o pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e a reencontrase coa súa filla, a quen abandonara anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si mesmo. Neste novo entorno, deberá preguntarse se aínda está a tempo de reconciliarse cos demais … e consigo mesmo.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A película obtivo varios premios, entre eles o de mellor actor en San Sebastián e nos Premios Forqué e Feroz para recoñecer o excelente traballo de José Ramón Soroiz no papel protagonista, ademais de ser unha das grandes favoritas nos Premios Goya, con nove nominacións, entre elas todas as principais (película, dirección, guión ou actor principal).
Os pases da proxección serán coma sempre ás 20,00 e ás 22,30 horas, neste caso os dous en castelán, no Auditorio Manuel María do Carballiño.

















