- O acto terá lugar o 20 de febreiro ás 12:00 horas no salón de actos do Casino
- Darase a coñecer a directiva e os obxectivos da entidade, centrados na recuperación da memoria histórica
- As actividades para 2026 xirarán arredor dos sucesos de Oseira de 1909, onde foron asasinadas nove persoas
A recén creada Asociación da Memoria da Castela Galega celebrará a súa presentación oficial este venres, 20 de febreiro, ás 12:00 horas, no salón de actos do Casino. Durante o evento, a entidade dará a coñecer os seus membros fundadores, así como a composición da directiva e os cargos que a conforman.
Na rolda de prensa, os responsables da asociación explicarán os motivos que levaron á súa creación e presentarán o programa de actividades previsto para o ano 2026. Unhas accións que estarán fundamentalmente enfocadas na conmemoración e estudo dos sucesos de Oseira de 1909, un episodio histórico no que perderon a vida nove persoas.
As actividades anunciadas inclúen a organización de conferencias en distintos concellos, así como a promoción da construción dun monumento en lembranza das vítimas. A asociación busca con esta iniciativa contribuír á recuperación da memoria histórica e á divulgación dun dos feitos máis tráxicos e descoñecidos da Galicia de comezos do século XX.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A directiva da Asociación da Memoria da Castela Galega convida a todos os medios de comunicación e á cidadanía en xeral a asistir a esta presentación, na que se detallarán os proxectos e os obxectivos desta nova entidade.

















