A Concellería de Educación promove o uso lúdico do galego a través de xogos de mesa de historia e lingua

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño, a través do Servizo de Normalización Lingüística da Concellería de Educación, aposta por fomentar o uso e coñecemento da lingua galega entre as novas xeracións con propostas lúdicas e formativas. Para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna, a Concellería vén de facer entrega de cinco xogos de historia e cinco xogos de lingua aos centros educativos do Carballiño.

“O alumnado poderá coñecer mellor a nosa historia, entender a evolución social e cultural de Galicia, adquirir novo vocabulario e mellorar a súa competencia lingüística”, explica Lorena Castro, concelleira de Educación, quen fixo as entregas no CEIP Calvo Sotelo, CPR Vila do Arenteiro, Colexio Sagrado Corazón, IES Chamoso Lamas e IES nº1.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os dous xogos, “Galicia no tempo” e “Vacaloura”, permitirán á rapazada achegarse á lingua e historia galegas dun xeito lúdico, participativo e divertido. “O galego é unha lingua viva, útil e con futuro, e iniciativas coma esta axudan a que as novas xeracións falen galego desde cativos”, destaca Castro.

A dotación destes recursos supón unha aposta do Concello pola educación en galego e polo fomento do uso da lingua dentro e fóra das aulas. “A entrega destes xogos tamén é un xeito de apoiar ao profesorado con ferramentas innovadoras”, sinala a concelleira.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------