Este venres as 20:00 h na tenda OZOCOgz, presentación de “Drácula”, tradución ao galego do carballiñés Gabriel Álvarez

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Presentación de DRÁCULA de 𝗕𝗿𝗮𝗺 𝗦𝘁𝗼𝗸𝗲𝗿, tradución ao galego de AiraEditorial. Contaremos co tradutor, o carballiñés Gabriel Álvarez; o ilustrador, Miguel Robledo e o editor César Lorenzo “Cequeliños”.

Drácula é unha das obras máis famosas da literatura popular. Adaptada centos de veces ao cine e á televisión, protagonista de videoxogos e obras narrativas. Mais o universo orixinal creado por Bram Stoker segue a fascinar pola súa combinación de intriga, aventura, sabedoría ancestral e rigor na descrición de personaxes e ambientes.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------