Executarase a segunda fase dos traballos na pila 4 do viaduto, sendo necesario o corte da calzada dereita entre o enlace de Maside (AG-54) e a A-52, con desvío do tráfico pola estrada N-541
Este corte comezará este luns, dia 2, ás 8 horas e manterase ata as 13h do venres, día 6
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2026
O avance nas obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense sobre a A-52, (situado no punto quilométrico 87 da AG-53, sentido Ourense) farán necesarias novas afeccións ao tráfico a partir deste luns, 2 de marzo.
Así ao longo da próxima semana, executarase a segunda fase dos traballos na pila 4 do viaduto, sendo necesario o corte da calzada dereita entre o enlace de Maside (AG-53) e a A-52, con desvío do tráfico pola estrada N-541. O corte comezará este luns, dia 2, ás 8 horas e manterase ata as 13h do venres, día 6 de marzo.
Durante a execución das obras, dispoñerase da sinalización oportuna para orientar aos usuarios da vía a través do itinerario alternativo indicado.
Este novo contrato da Xunta enmárcase no programa pioneiro da Xunta de inspección das vías e das obras de paso, para preservar a seguridade dos usuarios das infraestruturas viarias e alongar a vida útil con accións de conservación preventiva.
Tramo cortado: https://maps.app.goo.gl/iC2LoMrVU9EXUyAL7
Percorridos alternativos:
- Desde Santiago (AG-53): https://maps.app.goo.gl/VgW97jrwn7BVchy79
- Desde O Carballiño (AG-54): https://maps.app.goo.gl/sRLgSyR293GwNe8x6









