O Carballiño conmemora mañá o Día Internacional da Muller dando voz aos colectivos do municipio

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, cunha programación especialmente dedicada á concienciación das novas xeracións. A programación deste ano inclúe un acto central con participación dos centros educativos, un obradoiro contra a violencia sexual e obradoiros de flores.

O acto central da programación levarase a cabo mañá, venres 6 de marzo, ás 12,00 horas na Praza Maior. Tra-la lectura do manifesto do Día Internacional da Muller por parte da concelleira de Igualdade, Silvia Baranda, representantes dos centros de ensino, asociacións e colectivos do municipio farán as súas aportacións con relatorios e escenificacións sobre a defensa do papel da muller na nosa sociedade.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

As actividades continúan os días 10 e 17 de marzo cun obradoiro de arranxos primaverais con flor natural seca, impartido por Rita Soto. A programación tamén inclúe o obradoiro “Agresión off: eu digo non á violencia sexual” no IES Nº1, o xoves 26 de marzo. Finalmente, levarase a cabo unha andaina conmemorativa do 8M, aínda pendente de datar debido as inclemencias meterorolóxicas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------