O Concello de Sandiás está a desenvolver un programa de actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller, centrado na promoción da igualdade, a sensibilización social e o recoñecemento do papel das mulleres na sociedade.
Dentro desta programación levouse a cabo o pasado venres 6 de Marzo o Obradoiro “Estoxos pola igualdade”, unha iniciativa impulsada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e dirixida ao alumnado do CEIP de Sandiás e do Concello. A actividade tivo lugar na Casa da Cultura de Sandiás e contou cunha alta participación por parte dos nenos e nenas.
Durante a sesión, Ana —encargada de dinamizar a actividade— explicou ao alumnado o significado do 8 de marzo e a importancia de continuar traballando pola igualdade entre mulleres e homes. Os escolares participaron con grande interese, formulando preguntas e compartindo reflexións sobre a necesidade de construír unha sociedade máis xusta e igualitaria.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Como parte do obradoiro, todos os participantes elaboraron o seu propio “estoxo pola igualdade”, unha actividade creativa coa que puideron expresar as súas ideas e o seu compromiso cos valores de respecto e igualdade.
Desde o CEIP de Sandiás quixeron agradecer ao Concello a oportunidade de participar nestas iniciativas culturais e educativas que se organizan ao longo do ano, destacando a importancia de achegar este tipo de propostas ao alumnado e fomentar a súa participación activa en actividades de sensibilización social.
















