O grupo municipal socialista traslada a proposta a DO, BNG e PP co obxectivo de que o Concello amose o seu rexeitamento á escalada militar en Oriente Medio e ao réxime de Irán
“Nun día como o de hoxe marcado pola conmemoración do día das vítimas do terrorismo non podemos olvidar as leccións da historia, como a guerra de Iraq, para evitar repetir erros con consecuencias tan graves para a seguridade global”, explican dende o grupo municipal.
En Ourense, a 11 de marzo de 2026.
As socialistas de Ourense presentaron hoxe unha declaración institucional en defensa da paz e do dereito internacional, coa intención de que sexa lida e aprobada por unanimidade no vindeiro pleno ordinario do mes de abril. A proposta xa foi trasladada aos grupos políticos de Democracia Ourensana (DO), BNG e PP para o seu estudo e adhesión.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“Nun día como o de hoxe marcado pola conmemoración do día das vítimas do terrorismo non podemos olvidar as leccións da historia, como a guerra de Iraq, para evitar repetir erros con consecuencias tan graves para a seguridade global”, explican dende o grupo municipal.
Preocupación polas consecuencias humanas e económicas
As socialistas advirten de que non se trata dun conflito afastado, senón dunha “situación con graves consecuencias locais”. A declaración subliña que as guerras iniciadas fóra do marco internacional non resolven os problemas, senón que provocan máis violencia e crises humanitarias.
Ademais do drama humano, o PSdeG destaca o impacto “económico directo no día a día dos veciños e veciñas, como o encarecemento da enerxía e a incerteza económica”.
Acordos propostos
A declaración institucional presentada para o pleno de abril inclúe seis puntos de acordo fundamentais:
Cesamento de hostilidades; reclamar a Estados Unidos, Israel e Irán o fin inmediato dos ataques; condena ao réxime de Irán; repudiar a este réxime pola represión e vulneración dos dereitos fundamentais da súa cidadanía, especialmente das mulleres; Vía diplomática: Defender que a única saída posible é a política, respectando a Carta das Nacións Unidas; “Non á guerra”: Afirmar este principio como parte fundamental da conciencia democrática da sociedade ourensá; Solidariedade coas vítimas: Expresar o apoio da cidadanía de Ourense á poboación civil que sofre a violencia; Apoio diplomático: Apoiar os esforzos do Goberno de España, da Unión Europea e da comunidade internacional para lograr a desescalada.
O grupo municipal socialista conclúe lembrando que Ourense é unha terra que aposta pola convivencia. “A paz non é unha idea abstracta, é unha responsabilidade política e moral que nos afecta a todos”, sinala o documento.

















