Luis Menor traslada ao conselleiro de Sanidade unha proposta de colaboración na promoción do uso do termalismo terapéutico como recurso sanitario

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O presidente da Deputación de Ourense expuxo a Antonio Gómez Caamaño a experiencia da institución provincial, que leva máis dunha década desenvolvendo programas de Termalismo Social, en cooperación público-privada con todos os balnearios da provincia

Ourense, 13 de marzo de 2026.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, formulou ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, unha proposta de colaboración para a promoción do uso do termalismo terapéutico como recurso sanitario, trasladando así o acordo adoptado pola Corporación provincial no último pleno, onde se pedía a presenza progresiva das terapias balnearias na carteira complementaria de servizos da comunidade autónoma, unha vez aprobada polo Goberno de España a supresión do termo “balneario” no punto 4º do apartado a) do artigo 5.4 do Real Decreto 1030/2006, do 15 de setembro.

A proposta foi presentada nunha reunión en Santiago, na que tamén estiveron presentes o xerente do Sergas, José Ramón Parada, e o director da Área de Benestar da Deputación, Jose Juan Cerdeira, encontro que Luis Menor agradeceu pola receptividade do conselleiro. Antonio Caamaño manifestou a súa vontade de estudar a viabilidade da iniciativa.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Luis Menor expuxo ao titular de Sanidade que a Deputación de Ourense leva máis dunha década desenvolvendo programas de Termalismo Social, en cooperación público-privada con todos los balnearios de la provincia, e sobre este marco formulou propostas de colaboración coa Consellería, para unha coordinación socio-sanitaria co fin de facilitar o acceso aos balnearios como ferramentas de saúde preventiva e retrasar as situacións de farxilidade e dependencia.

Un dos puntos propostos por Luis Menor para a coordinación sociosanitaria foi a posibilidade de incorporar os balnearios e os programas de termalismo provincial financiados pola Deputación de Ourense aos Plans Locais de Saúde nos municipios que contan cun balneario, así como nos concellos máis próximos, en especial os programas termais dirixidos a combater a soidade non desexada.

Aula de saúde nos balnearios

Outra das iniciativas que adiantou Luis Menor refírese ás “Aulas de saúde nos centros termais co obxectivo de realizar accións formativas relacionadas coa saúde pública”. Neste sentido informouse ao conselleiro da colaboración xa iniciada coa Escola de Persoas Coidadoras da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------