Convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal de dous peóns de servizos múltiples en Berán

Convocatoria para a contratación laboral que se indica a continuación, segundo as bases aprobadas o 9 de abril de 2021:

1.- Número e denominación das prazas: 2 traballadores/as para prestar servizo como peóns de servizos múltiples

AVANTAR ACTIVIDADES

2.- Modalidade de contratación: contrato laboral temporal a xornada completa (40 horas semanais)

3.- Duración do contrato: ata fin de obra (aproximadamente 3 meses)

4.- Sistema de selección: concurso-oposición

5.- Lugar e prazo de presentación de instancias: no rexistro da Entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, de 9:00 a 14:00 horas, ou por calquera dos medios admitidos en dereito, durante o prazo de cinco días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.

6.- Exposición das bases: o texto completo das bases de selección atópase a disposición do público no rexistro da Entidade Local Menor de Berán, situado na casa do concello de Leiro, na páxina web (http://www.concellodeleiro.com/) e na sede electrónica (https://leiro.sedelectronica.es/)

BOP Premer na Imaxe