Espazo Común píde tamén explicacións pola non remisión do consentimento para a vacinación do SAF

Na tarde de onte, a Xunta de Galicia facía público un comunicado no que informaba da inminencia do comezo do procedemento de vacinación dos traballadores e traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar dos distintos concellos.

Nas últimas semanas, a administración autonómica, en colaboración coa FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias) estivo recabando a documentación necesaria para acometer o proceso nun colectivo especialmente sensible e exposto.

AVANTAR ACTIVIDADES

Acompañando a esa comunicación, incluiase unha listaxe dos 44 concellos galegos que aínda non fixeron chegar a información requerida, na que O Carballiño é un dos cinco da provincia que aínda non mandaron os datos.

A formación asegura que, a pesares de ter coñecemento de que as traballadoras do servizo xa asinaron o seu consentimento hai arredor de 15 días, estes aínda non foron remitidos.

Aseguran que o alcalde Fumega ten que contar cunha moi boa explicación, que agardan non sexa culpar a terceiros, para xustificar este grave feito que afecta de novo a un grupo de traballadoras e aos usuarios dun servizo que recalcan que xa tiveron que sufrir en máis ocasións “a incapacidade dun goberno”.