Ribadavia honra este domingo a San Lázaro con misa solemne e procesión

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A capital do Ribeiro rende homenaxe a San Lázaro este vindeiro domingo, 22 de marzo, abrindo así o calendario de festividades relixiosas do ano na vila de Ribadavia. A novena deu comezo o pasado día 15 e vense desenvolvendo ao longo desta semana na capela da Virxe do Portal, en horario de 19,00 horas.

A igrexa parroquial de Santo Domingo acollerá, o domingo día 22 as misas de San Lázaro ás 9,30 e 11,00 horas, oficiándose unha solemne ás 12,00 horas, e, ao seu remate, terá lugar a procesión coa imaxe do santo.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ao longo do ano, a imaxe de San Lázaro permanece na súa capela, que na Idade Media acollía unha leprosería xestionada polo Mosteiro de Santa María de Melón. Cada quinto domingo da Cuaresma, son moitos os fieles que visitan Ribadavia para encomendarse e pedir protección ao amigo que Xesucristo devolveu á vida tras catro días no seu sepulcro.

Na tradición popular, San Lázaro é invocado coma protector de enfermidades vencelladas a pel ou os ouvidos, entre outras.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------