Galicia estabiliza os contaxios e mantén a situación estable nos hospitais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 83 contaxios novos, unha cifra que repite os mesmos datos de onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.269, unha cifra que descende en 5 casos nesta xornada. Do total de pacientes positivos en Galicia, 13 (-2) están en UCI, 36 (+1) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un descenso leve. A provincia rexistra hoxe 7 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais baixan en 2 persoa con respecto a onte, ata os 139 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa estabilidade. Contamos con 1 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=) na UCI.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO