O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na homenaxe a milladoiro na insua dos poetas
O delegado territorial lembrou que o Goberno galego está a impulsar un Plan de reactivación cultural fronte aos efectos da covid-19, que permitiu a posta en marcha desde o mes de abril de case 4.500 accións culturais cun investimento total de 26 millóns de euros
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta tarde na homenaxe ao grupo Milladoiro que se celebrou na Insua dos Poetas en Madarnás, concello de O Carballiño, co gallo do seu 40 aniversario.
En representación da Xunta de Galicia, Gabriel Alén salientou que resaltou “a traxectoria musical inigualable e sen comparación” do grupo; e engadiu que “falar de Milladoiro é falar da música de Galicia”, por iso, “Milladoiro somos nós e Milladoiro é Galicia”.
O delegado territorial destacou a posibilidade de seguir “gozando da música, da nosa identidade e da tradición popular galega dunha maneira segura”, a pesar do actual contexto de pandemia; engadindo que “este acto é unha merecida homenaxe a una banda histórica que levou por todo o mundo a nosa cultura e a nosa identidade”.
Gabriel Alén lembrou que o Goberno galego está a impulsar un Plan de reactivación cultural fronte aos efectos da covid-19, que permitiu a posta en marcha desde o mes de abril de case 4.500 accións culturais en prol da progresiva evolución do sector no actual contexto, a través dun investimento total de 26 millóns de euros.