O CPI Terras de Maside da un pasiño máis cara á inclusión ca gravación do vídeo Bubi en lingua de signos

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No CPI Terras de Maside seguimos dando, un ano máis, un pasiño adiante cara á inclusión e á integración de todo o alumnado. Nesta liña, o centro levou a cabo un curso de formación en linguaxe de signos, unha iniciativa que xorde da realidade e das necesidades da nosa comunidade educativa, na que contamos coa presenza de dúas alumnas de etnia xitana xordomudas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta actividade enmárcase dentro do compromiso do centro cunha educación máis accesible, participativa e respectuosa coa diversidade. Nela implicouse activamente a maior parte do alumnado, o profesorado e outros membros da comunidade educativa, demostrando que a inclusión é unha tarefa compartida e un valor fundamental para todos e todas.

Como froito deste traballo colectivo, realizouse a gravación de “Bubi” en linguaxe de signos, presentada ao concurso da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. Esta historia recolle a vivencia dun paxaro que desexa escoitar, comprender e expresar os seus sentimentos, así como os dos paxaros que o rodean.

A mensaxe de Bubi invítanos a reflexionar sobre a importancia de sentirse entendido, escoitado, valorado e acollido. Porque, en realidade, cada un de nós pode ser ese paxaro que precisa atopar o seu lugar e a comprensión dos demais.

Por unha educación sen barreiras, construímos xuntos a inclusión.

VOTAR POLO VIDEO BUBI: PREMER NA IMAXE

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------