A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, visitou hoxe, na compaña do alcalde de Ribadavia, César Fernández, a comunidade de montes veciñais en man común de Marcos, Picoñas e Feixa dá Franqueirán, situados neste concello do Ribeiro, para poñer en valor o apoio ás explotacións forestais afectadas polos incendios de 2025 para plantacións substitutorias, unha das liñas de apoio convocadas pola Consellería do Medio Rural. Concretamente, esta comunidade de montes recibiu unha achega de preto de 29.000 euros, para esta actuación coa plantación de máis de 13.000 piñeiros nunha superficie de 12,14 hectáreas.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A Consellería do Medio Rural puxo ao dispor das explotación gandeiras, agrícolas e forestais ata oito liñas de apoio. Na parte forestal destacan un máximo de 100.000 euros para plantacións substitutorias, medida da que se beneficiou esta comunidade de montes; un máximo de 50.000 euros para gastos da madeira amoreada queimada e de talla, recollida e estelado da madeira queimada non comercial ou traballos de sinalización, cubicación e/o taxación de madeira comercial en montes de xestión pública; ata 15.000 euros para a reparación de infraestruturas de titularidade privada que se viron danadas; e un máximo de 50.000 euros para a reparación de maquinaria e equipamento forestal danado en tarefas de colaboración na extinción dos incendios ou ocasionados polos mesmos.

















