Onte pola tarde o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, achegouse á Sociedade Deportiva Esclavitus a entregar os milleiros de tapóns que se recolleron a favor da investigación da Enfermidade de Dent, patoloxía que sofre Hugo (6 anos). Esta sociedade creouse a partir de detectarse a enfermidade nun rapaz chamado Nacho, que presentou xa complicacións durante o embarazo. Ante a incertume, a súa nai creo esta asociación de apoio á enfermidade, considerada “moi rara”.
Para colaborar pódese facer recolectando tapóns de plástico ou colaborando con productos solidarios. Para obter máis información pode facerse a través da súa páxina web www.asdent.es