A compañía de teatro Aspadisi estreará o vindeiro venres, no Auditorio Manuel María do Carballiño, a súa última montaxe “Rome e Xulieta”, na que contan coa colaboración do equipo de audiovisuais do IES Chamoso Lamas. Trátase dunha adaptación (bastante libre) da coñecida obra de Shakespeare, quitándolle un pouco de traxedia, que non están os tempos para iso.
A obra mestura imaxe co concepto clásico de representación teatral, e é froito de moito tempo de traballo no que os compoñentes da compañía foron reescribindo o texto orixinal e engadindo algunha que outra sorpresa, ata que xa empezaron a fase de ensaios. Unha parte da obra está grabada en localizacións da nosa contorna, que se van integrando no transcurso da representación.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Todo o equipo técnico está integrado por membros de Aspadisi (luces, son, música en directo, vestiario e maquillaxe, …) contando coa impagable (porque nunca lle pagamos) colaboración de Uxío, de Inforsonic, que coma sempre nos sacou de algúns apuros e un par de calexóns sen saída.
Así é que a cita terá lugar este venres, día 17, ás 18,00 horas. Unha excelente oportunidade de pasar un bó rato e a un prezo razoable, xa que a entrada é de balde.

















