A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos. Na reunión tamén estivo o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, así como a directora territorial da Consellería en Ourense, Pilar Fernández León.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións de infraestruturas de interese para este municipio. O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------









