O Carballiño celebrou as Letras Galegas cun festival de agrupacións folclóricas da comarca

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada de feira do 16 de maio converteuse nun foco de atracción para centos de persoas da comarca, que se achegaron á vila do Arenteiro aproveitando unhas boas condicións meteorolóxicas, o reclamo gastronómico e comercial e as actividades culturais e musicais programadas por entidades e colectivos coa colaboración do Concello do Carballiño.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha delas foi a celebración dun concerto na véspera do Día das Letras Galegas no espazo cultural da libraría Ozoco. Así, e diante da súa sede na rúa Curros Enríquez, máis dun cento de persoas asistíu ao festival ‘pre-letrasgalegas’, que comezou ás 12,30 horas. Neste recital participaron as agrupacións Ferriñas de Liño; a coral polifónica A Torre e o grupo de pandeireta do colexio público, ambas de Maside, e a renovada Banda de Gaitas do Carballiño, que levou a cabo a súa primeira presentación ao público.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Este evento de exaltación da lingua e do folclore galegos rematou cunha interpretación conxunta de tódolos grupos participantes, cancións que foron coreadas polas veciñas e veciños da comarca que ata alí acudiron.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------