Espourense acolle esta fin de semana o Salón do Automóbil de ocasión

IES CHAMOSO LAMAS

Despois do éxito da pasada fin de semana, co inicio da 12ª edición do Salón do Automóbil, cun gran número de venda en vehículos novos, esta fin de semana o salón volveu a abrir as súas portas, neste caso con vehículos de ocasión. Participarán un total de 15 concesionarios. Ubicados na Fundación Expourense, ofertarán para os próximos días unha gran variedade de produto, con calidade e bo prezo, e con entrega inmediata.

O horario para esta fin de semana será o sábado con apertura ás 10:00 horas ata as 20:30 horas, e o domingo, con apertura ás 11:00 horas ata as 20:00 horas.

HIPER MASIDE