O equipo de goberno do Concello do Carballiño deulle a benvida esta mañá ao novo cónsul de México en Galicia, o ourensán Alfonso Pereira. O alcalde en funcións, José Castro-Gil, acompañado polos concelleiros de Cultura, Diego Fernández; Asuntos Sociais, Silvia Baranda, e Benestar Comunitario, Rosa Fuentes, recibíu no salón de plenos da Casa Consistorial ao cónsul. A reunión permitiu establecer contacto e abordar futuras líneas de cooperación e colaboración entre ambas institucións.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“Estamos moi contentos de que o consulado mexicano estea, por primeira vez, na provincia ourensá, trátase dunha moi boa nova para os numerosos carballiñeses que emigraron a México e que retornan cada ano”, foi a mensaxe que lle trasladaron ao consul tanto o rexedor eventual como o resto dos concelleiros. Pola súa parte, Alfonso Pereira agradeceu a recepción e comprometeuse a colaborar en todo o posible co Concello do Carballiño. “Esta é a primeira de moitas reunións”, asegurou.















