O Cine Club proxecta este venres o filme español “Mantícora”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este venres día 14 de abril o Cine Club proxecta unha das mellores películas españolas desta tempada, “Mantícora”, a última película de Carlos Vermut. Estivo nominada nos Premios Goya en catro categorías. Mezcla de trhiller psicolóxico e drama, céntrase na historia de Julián, un mozo novo e exitoso creador de videoxogos, que agocha un secreto inconfesable. A entrada de Diana na súa vida abre a porta a unha esperanza de felicidade.

Os dous pases serán ambos en castelán nos horarios habituais de 20:00 e 22:30 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO