Continúa a destrución de emprego en Ourense

Máis alá das 18.000 persoas traballadoras en situación de ERTE na provincia de Ourense, o mes de abril volveu ser demoledor na destrución de emprego, con 1.367 parados máis, que sumados aos 925 do mes de marzo, arroxan un total de 2.292 postos de traballo que desapareceron.
E aínda así choca enormemente que se asinaran neste mes pasado 1.711 contratos, dos que 193 foron indefinidos.
Do total de 20.689 persoas rexistradas no paro, 13.786 son do sector servizos (66,63%); 1.705 ((8,24%) da construción; 2.432 (11,76%) da industria; e 1.034 (5%) da agricultura. Esta foto fixa indícanos a debilidade estrutural da economía ourensá, extraordinariamente dependente do sector servizos, con pouco `peso industrial e de costas á actividade agrícola, forestal e gandeira.
Ourense necesita urxentemente un plan de choque que aposte por un modelo produtivo absolutamente diferente, que poña en valor as nosas características e o noso patrimonio natural, ademáis de apostar por fortalecer o noso incipiente sector industrial.
Por último, urxe derrogar as reformas laborais que desde 2010 só trouxeron pobreza e precariedade.

Publicidade