As obras de renovación da AG-53 provocarán cortes de circulación en Piñor

O avance nas obras de renovación do firme na autoestrada AG-53, entre Dozón e San Cristovo de Cea, fará necesarios cortes de tráfico no tronco e no enlace de Piñor desde o luns ata o venres. En concreto, cortarase a calzada dereita da autoestrada, en distintos puntos do tramo obxecto das obras, o que será sinalizado coa antelación necesaria. Neste caso, realizarase un desvío do tráfico polo carril esquerdo da calzada contraria, entre o luns e o mércores.

Publicidade

Os peches de tráfico nos ramais de entrada e saída do enlace de Piñor, en sentido Ourense, prolongaranse desde o luns ata a mediodía do venres. As citadas restricións na circulación son precisas para poder avanzar na extensión da capa de rodadura, que debe realizarse a calzada completa. Os traballos consisten na reparación de danos superficiais na estrada, no fresado de taboleiros de pasos de vigas e na reposición do firme en todo o tronco da vía e nos ramais do enlace de Cea.